Estou dando un paseo por aqui para ver cantos alumnos e alumnas da miña clase meten as narices neste blogue. Parece, polo número de visitas, que moitos non son, verdade? Imos ver se pouco a pouco os ides animando. Quen serei? 
Un novo visitante 08/02/2011
MALABARES 18/12/2010
Despois de moito tempo por fin actualizao o voso o blogue. Antes de nada, grazas, porque sei que, ainda que non o actualizo coma antes, seguides pasando por aquí.
Para comezar cas celebracións do Nadal o luns temos unha actuación de no cole. A actuación é unha mezcla de malabares, circo e teatro que, estou segura, vaivos gustar moito. Neste vídeo podedes ver un anaco do que veremos o luns.
Feliz Cumpleanos 09/10/2010
Hoxe é o cumpleanos do noso blog. Fai exactamente un ano que empezabamos esta aventura e se seguimos aquí e grazas a vos. Espero seguir contado cas vosas visitas e os vosos comentarios.
SAÍDA A FERROL 09/10/2010
Segundo teño entendido o próximo venres vades a Ferrol. Alí visitaredes o museo militar e o museo naval. Despois, daredes un paseo polas Fragas do Eume.
Navegando pola rede atopei estes enlaces que vos poden ser útiles para facervos unha idea do que vades visitar.
Espero que me contedes moitas cousas de esta excursión á volta. Seguro que o pasades xenial!
Blogs novos 29/09/2010
Hai blogues novos no cole. A clase de 4ºB estrenou fai pouco o un novo blogue e ademais este ano tamén vamos ter un blogue de English. Deixovos no blogroll un link a estas páxinas. Espero que as visitides con frecuencia!!!
Operacións combinadas 26/09/2010
Sei que votades un pouquiño en falta o blogue así que intentarei actualizado de cando en cando. Hoxe deixovos unhas actividades para que practiquedes as actividades combinadas. A xogar!

A volta ao cole 06/09/2010
Idevos preparando que xa non queda nada para que volvades a clase. Espero que descansasedes moito no verán e que veñades con forzas para empezar a último curso na Primaria. Vou seguir no cole pero non vou ser a vosa mestra. Este ano vades estar con Xosé Ramón.
Vémonos venres!








